Ser a garantía de esquerdas
Ponteareas en común é un espazo político coas ideas claras e traballadas en colectivo. Confiar en nós é garantir a loita continua pola xustiza social para todas as persoas da vila. Seremos a voz de todas as persoas de Ponteareas.
Ilusionar polo cambio
Se sempre se fan as cousas de xeito idéntico, o resultado sempre será o mesmo. A nosa forza promete, e ten a capacidade, de ofrecer novos xeitos para afrontar os retos de Ponteareas e resolver os problemas da vila. Vimos coa enerxía e a ilusión de traballar en común para construír vidas dignas e xustas.
Remunicipalización
A creación dunha empresa pública é fundamental para Ponteareas. Con este proxecto poderemos municipalizar os servizos esenciais como a auga, a axuda no fogar e a recollida de lixo. É fundamental coidar e garantir servizos públicos de calidade, gratuítos e universais.
Vivenda Pública
Imaxinas vivir de alugueiro ata os 35 anos con 100-150 euros ao mes? Con Ponteareas en Común será posible, non é unha utopía é unha necesidade. Apostamos pola creación de vivenda pública dende o concello como garantía de vida digna con plans específicos para a mocidade e a xente en situación económica vulnerable.
Conectar a vila coa natureza
Ponteareas en común ten a certeza que vivir en convivencia coa natureza é fundamental. Queremos recuperar a ribeira dos ríos Tea e Uma, erradicar as especies invasoras dos nosos montes e abrir a vila á natureza con proxectos urbanos verdes.
Crear unha Comunidade Enerxética
As enerxías renovables son fundamentais para construír futuro e loitar contra o cambio climático. O acceso á enerxia limpa non pode estar unicamente en mans de persoas que o poden permitir e o concello debe garantir a toda a cidadanía e empresas o seu acceso. Precisamos colocarnos ao nivel doutras vilas e cidades que xa teñen en marcha a súa propia Comunidade Enerxética.
Do corredor da morte ao camiño da esperanza
Cambiar o enfoque da xestión animal é fundamental. Dende Ponteareas en Común propoñemos un servizo de protetora municipal pública. Cada vez somos máis persoas ás que queremos convivir e dotar de dereitos aos animais.
Facer da política un espazo de participación
Decía Julio Anguita, programa, programa e programa. Nós imos máis alá: PARTICIPACIÓN, PARTICIPACIÓN e PARTICIPACIÓN. Témolo claro, dende Ponteareas en Común, abriremos o concello á xente e participación democrática das veciñas e veciños é un eixo fundamental da nosa forma de entender a política.
Garantir a igualdade de xénero en Ponteareas
Os servizos de prevención de violencia de xénero deben funcionar con máis intensidade. Dende Ponteareas en Común melloraremos o funcionamento do CIM, garantizaremos o cumprimento do Plan de Igualdade do concello e poremos en marcha campañas de sensibilización.
Sentir as cores LGTBI
A nosa localidade debe ser un espazo aberto, diverso e alegre que defenda as orientacións e identidades sexuais de todas as persoas garantindo programas de prevención da LGTBIfobia. Educación, educación e educación. Conectaremos os centros escolares co goberno local para garantir unha vila libre de violencias.
Rural e casco urbano, Ponteareas é un todo
Ponteareas somos 24 parroquias. Dende Ponteareas en Común consideramos fundamental conectar o rural entre si e co casco urbano coa posta en marcha de servizos de mobilidade sostible que garantan os mesmos dereitos vivas onde vivas.
Nin unha persoa atrás!
Ponteareas é unha vila cuns índices de pobreza e exclusión social moi elevados. Dende Ponteareas en Común temos claro que debemos construír unha vila que non deixa a ningunha persoa atrás e que traballa desde unha mirada de solidariedade e redución das desigualdades