Veciño de 32 anos, vivíu toda a infancia en Canedo e actualmente reside en Ribadetea. Activista social dende os 21 anos, estudou Enxeñería Forestal na UVigo e Educación Social na UNED, desenvolve a súa carreira profesional como profesor de FP na Escola Pública dende o ano 2016.
Licenciada en Bioloxía, ex-traballadora do sector da teleoperación, milita en política dende moi nova. Patricia é unha muller comprometida coa xustiza social, cos dereitos das mulleres e das xentes traballadoras.
Licenciada en dereito, especialista en estudos de xénero e profesora de Formación Profesional na escola pública. Participa como independente coa ilusión de sumar toda a súa experiencia á política municipal.
Coordinador local e membro da executiva nacional de Esquerda Unida, traballador do metal e incansable militante de esquerdas. Lino representa o bo facer en política sempre defendendo as causas xustas.
Albanel de profesión, activouse en política co 15m e na actualidade é enlace de coordinación de Podemos na nosa vila. Jonathan suma a súa capacidade ao ben común.
Activista social, profesora de física e química na escola pública e militante de esquerdas comprometida cos dereitos dos animais, da igualdade entre mulleres e homes e na loita contra a exclusión social.
Veciño de Angoares, licenciado en dereito pola UVigo, xestor cultural, presidente do grupo ecoloxista Adenco entre os anos 2000 e 2022, activista en numerosos movementos veciñais, educativos e ambientais e actualmente secretario da Federación Galega de Montañismo.
Natural de Xinzo, traballadora na xestión de residuos e educadora social de formación, participou en movementos sociais a prol da vivenda digna e leva dez anos como activista social colocando a súa formación ao servizo das persoas do común.
Veciño de Pías, estudou FP no IES Pedra da Auga e traballa dende o ano 1999 na factoría de Estellantis (Citroën) en Vigo. Mario é militante de CCOO.
Veciña de Celeiros, leva anos comprometida cos dereitos sociais. Lucía é unha muller incombustible que suma o seu talento e capacidade de traballo ao ben común.
Veciño de Ponteareas de 22 anos, graduado en Física, cursa na actualidade un mestrado en Matemáticas na Universidade de Santiago. Mateo trae a enerxía, a ilusión e a capacidade de traballo das xentes mozas.
Natural de Xinzo e veciña de Ribadetea, é docente de Xeografía e Historia na escola pública. Saínza leva desde os vinte anos participando de forma activa na loita contra as desigualdades nos movementos sociais de Ponteareas.
Veciño de Arcos de 22 anos, titulado en FP Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, estuda actualmente o FP Superior de Química e Saúde Ambiental. Anxo é defensor da vida no rural e está comprometido na loita contra o cambio climático..
Mestra de formación, leva anos participando de forma activa nos movementos sociais que loitan contra as desigualdades na nosa vila. Puerto é unha muller cunha gran bagaxe cultural e social que coloca todo o seu talento ao servizo do ben común.
Natural de Padróns, leva comprometida cos dereitos das persoas traballadoras dende moi nova. Traballadora da admnistración pública, leva loitando anos polos dereitos laborais, sociais e ambientais e poloa construción dunha vida máis xusta.
Enxeñeiro Químico, activista social, membro da coordinadora local de Esquerda Unida e experto en xestión do ciclo integral da auga. Borja suma o seu talento, compromiso e bofacer ao ben común.
Licenciada en Filosofía pola USC é profesora no IES Val do Tea de Ponteareas. Lourdes achega a capacidade de traballar en equipo, de sumar ideas e propostas para construír unha Ponteareas de xustiza social.
Defensor dos dereitos das persoas traballadoras, milita de forma activa na loita sindical construíndo unha sociedade onde recortar as desigualdades para construír vidas dignas.
Veciña de Canedo de 24 anos, na actualidade reside no casco urbano. Sabela é graduada en Belas Artes pola UVigo, xogadora de fútbol no San Mateo e leva anos comprometida cos dereitos culturais e de ocio digno.
Graduada en Enxeñería Química Industrial pola Universidade de Extremadura, estudou un Mestrado en Matemática Industrial na USC. María é militante de Esquerda Unida e está comprometida coa xustiza social, os dereitos das mulleres e os dereitos dos animais.
Graduado en Química, desenvolveu a súa carreira como investigador no campo do desenvolvemento sostible e ordenación do territorio en Barcelona, Vila Real e actualmente na Universidade de Vigo. Pablo é un activista social a favor dos dereitos da clase traballadora.